Por vez primeira en Galicia poderemos asistir a unha subasta de viños de colección, arte e antigüidades relacionadas co mundo vitivinícola.
Lotes para todos os gustos e petos, prezos de saída que van desde 39 € ata 30.000 €. Viños franceses, alemáns, austriacos, galegos, andaluces... onde poderemos atopar grandes bodegas de referencia como Domaine Leflaive, Chateau D´YQuen, Cheval Blanc ou Meo-Camuzet. Viños antigos, de colección, de grandes clásicos como Vega Sicilia, Viña Tondonia ou Chateau Margaux. E sairá a subasta, en primicia, toda a cosecha do esperado Goliardo Espadeiro, viño de Rías Baixas elaborado por Rodrigo Méndez e Raúl Pérez con esta variedade autóctona á que precederon os Goliardos Caíño e Loureiro con 93 puntos Parker. Todos eles seleccionados por María Fechoría & Asociados. Bós Viños, empresa que organiza a subasta, en colaboración con sumilleres de prestixio nacional.
A puxa conta con unha selección de obras de arte e antigüidades: artiluxios de facer viño, prensas de licor, un enfriador francés do 1800, unha colección de descorchadores antigos, unha purera con mecanismo xiratorio estilo Napoleón III, un moble bar dos anos 50, unha vaixela de Sargadelos antigo, unha táboa holandesa do XVII, un vinoscopio, un pesa taninos, un barcal para viño ou unha colección de sifóns, entre outras curiosidades.
Completa o centenar de lotes unha ampla exposición de pintura, entre a que destacan nomes de autores como Francisco Lloréns, María Antonia Dans, Abelenda, Sucasas, Jorge Castillo, Rafael Úbeda, Couselo, Lago Rivera, Antón Lamazares ou Jorge Cabezas.
Exposición dos lotes: 17 novembro-13 decembro 08
Subasta: Sábado 13 decembro 08´ás 17.00 h
LUGAR: PEPE VIEIRA CAMIÑO DA SERPE
http://www.mfechoria.blogspot.com/